Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Xosé Lois García
Ilustrador: Juan José Lomarti
ISBN: 978-84-18136-84-9
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
Nº de páxinas: 96
Obra teatral con ilustracións a cor, que chama ao espertar da sociedade e á conciencia de clase para construír unha sociedade na que a educación non sexa excluínte e elitista, o mesmo dereito ás necesidades básicas, á supervivencia e ao lecer.
Obra teatral con ilustracións a cor, que chama ao espertar da sociedade e á conciencia de clase para construír unha sociedade na que a educación non sexa excluínte e elitista, o mesmo dereito ás necesidades básicas, á supervivencia e ao lecer. Todo a través das desventuras de protagonistas con situacións dispares tales como violacións, alcoholismo, fame, explotación laboral, analfabetismo... desigualdades sociais que repercuten na propia dignidade do individuo.
"Unha cunca de caldo quente" é o nome que recibe esta obra de teatro que se pode interpretar literalmente, falando dunha literatura que privilexia as clases populares, imaxinando unha cunca de sopa na cociña de Maruxa xunto á súa acollida; ou ben se pode interpretar metaforicamente, "Unha cunca de caldo quente" nas nosas vidas, pasando polos nervios, buscando nos nosos sentimentos e espertando en todos e todas a sensibilidade para entender que as debilidades humanas poden estar directamente relacionadas coa formación a idades temperás, porque hai un forte desaxuste dos máis pobres no acceso ás necesidades básicas, nun contexto cun pai alcohólico, unha nai ou unha filla violada, un prato baleiro, unha explotación do traballador, un neno sen escola, un familia sen traballo, analfabeta e sen dignidade e que todo iso é o motivo das desigualdades sociais que cada vez se acentúan máis dentro dos países, sobre todo dos máis pobres.
Unha loita para que a sociedade deixe de subscribirse aos ideais burgueses solidificados, ao saber que a familia é a responsable do benestar dos individuos en formación, e se isto falla, será a principal culpable de inadaptar aos individuos.