Entrega do VIII premio do Concurso Balbino de Relatos a Clara Martín e presentación da obra gañadora

O Liceo de Ourense acolle o martes 28 de novembro, ás 20:00 h, a entrega do premio do Concurso Balbino de Relatos á gañadora desta oitava edición, a Cristalina López Rodríguez “Clara Martín”, nun acto no que tamén será presentada a obra premiada, o libro Loucine. Leer máis…

Cangas acolle a presentación do libro infantil, “Rigel e os segredos do tambor”, de Loliña Chamadoira

O Salón de Plenos do Concello de Cangas acolle este xoves 23 de novembro, ás 19:00 h, a presentación do libro Rigel e os segredos do tambor, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Loliña Chamadoira. No acto, aberto ao público ata completar aforo, acompañarán á autora o filólogo Heitor Mera, o mestre de música e cantautor Tino Baz, o fotógrafo e cineasta Borja Brun e a concelleira de Cultura do Concello de Cangas, Aurora Prieto. Leer máis…

A actriz Antela Cid presenta en Vigo o seu primeiro libro infantil “A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas”

A Biblioteca Municipal da Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO),acolle o mércores 25 de outubro, ás 18:00 h, a presentación do libro infantil A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Antela Cid e ilustrado por Anabel Montouto. Leer máis…

As lendas do libro infantil “Antón e a Moura do Lameiro de Viana” visitan Rodeiro

A praza situada a carón da rúa Gumersindo Areán, en Rodeiro, acolle este sábado 21 de outubro, ás 12:00 h, a presentación do libro infantil Antón e a Moura do Lameiro de Viana, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Santiago Gómez Fuentes, Xoán Carlos García Porral e Gabriel Iglesias Sanmartín. Leer máis…
Vendo da 4 a 8 de 54 (2 Páxinas)