Presentación do libro ANDAINAS DUN MÚSICO NO RURAL

Presentación do libro ANDAINAS DUN MÚSICO NO RURAL

O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira (Silleda), acolleu a presentación do libro "Andainas dun músico no rural". Durante este emotivo acto proixectouse un vídeo lembrando as primeiras actuacións da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, dirixida por José Villaverde (autor do libro) así coma unha entrevista realizada por Manuel Paino (actual director da Banda), tamén se xuntaron os antigos compañeiros e alumnos de José Villaverde para rendirlle unha merecida homenaxe a modo de concerto. Carlos Loureiro, Lucía Vilas, Javier Rivas "Rudi", Valentín García e Manuel Cuíña presentaron o libro no que o autor conta moitas das aventuras vividas hai máis de sesenta anos polas Bandas de música e os músicos no rural galego.

Ir ao libro

Etiquetas presentacions