Autores

Información

Memoria iluminada View larger

Memoria iluminada

Autora: Ánxela Gracián
Música: Emilio Rúa
Ilustradora: Sehila Rodríguez
ISBN: 978-84-17094-62-1
Dimensións: 17 x 21 cm.
Nº de páxinas: 48

Libro-cd de poemas no que se debuxa o universo de vivencias na aldea que a memoria conservou intacta en cada un de nós, e que toman forma a través dos versos de Ánxela Gracián e da voz de Emilio Rúa.

More details

20,00 € impostos incl.

    A escrita telúrica de Ánxela Gracián envólvese das harmonías de Emilio Rúa para anegarnos coa luz infinda do paradiso da nenez. Unha arquitectura de proporción áurea na que a poeta e o cantautor aman por igual os montes antigos, os heroicos ferreiros cal vedraios guerreiros do metal, as insuas bendicidas pola auga e o cuco cucán que tarabelea na carballeira ancestral. Na súa alta arte de palabra e música vai cifrada a clave para o regreso á luz da infancia, ese aprender a oír o ouveo das raíces, o resplandor azul dunha luz que é antídoto contra a disolución e o acabamento.

    Contén cd cos 18 poemas musicalizados que compoñen "Memoria iluminada".

10 produtos máis na mesma categoría