Autores

Información

Camiños na sombra View larger

Camiños na sombra

Autor: Xián Lois Alcayde Dans
Ilustrador portada: Xián Lois Alcayde e María Dans
ISBN: 978-84-945375-9-2
Dimensións: 16 x 23 cm.
Nº de páxinas: 144
Obra gañadora do I Concurso "Balbino" de relatos. 

More details

17,00 € impostos incl.

En Stock

    Camiños na sombra é a obra gañadora da primeira edición do Concurso Balbino de Relatos. Preséntase en tapa dura e constitúe un libro de relatos de quince historias que se erguen como un atlas para percorrer as rutas da memoria, o amor e o pasar do tempo.

    Nestes relatos, os temores e os tremores, os devezos e as paixóns amalgaman nunha aliaxe de melancólico fulgor, que escintila en vibrantes imaxes arrincadas ás vetas do máis xenuíno sensorialismo.

    Os lostregantes diálogos, así como os elásticos e vívidos escenarios nos que as tramas laten, axudan a edificar estruturas de sentido que funcionan como precisos mecanos onde cada elemento xoga o seu papel. Hai nestas narracións unha habelencia superior na capacidade de suxerir, de insinuar xordos dramas interiores que teñen de se descubrir dende ese ollar excéntrico, diagonalizado e oblicuo que caracteriza o rural contemplado por Alcayde Dans.

30 produtos máis na mesma categoría