Autores

Información

Paisaxes de pan View larger

Paisaxes de pan

Autora: Ánxela Gracián
ISBN: 978-84-18136-79-5
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
Nº de páxinas: 142

"Paisaxes de pan" é unha autobiografía poética coa que autora regresa á súa infancia rural, tan paradisíaca como elexíaca, recuperada aquí como lugar de resistencia. 

More details

15,00 € impostos incl.

    Libro en tapa branda.

    "Paisaxes de pan" é unha autobiografía poética coa que autora regresa á súa infancia rural, tan paradisíaca como elexíaca, recuperada aquí como lugar de resistencia. Coa memoria como liña condutora, a aldea e a casa recíbena de novo porque, como dicía Baudelaire, “no fondo todos estamos determinados pola nenez”.

    Congregadas a carón do lume, recíbena todas as personaxes que un día a habitaron. Como voceira de todas elas, a avoa Anuncia refire historias de pan e mitoloxías de noso, que invocan a Muller da Gadaña, a néboa do Chamoso e certos paxaros agoirentos. Pola súa boca fala o mundo, transcendendo o que era oco e que existe porque ela o nomea de novo. Tamén vén ao noso encontro o Home do Saco, ensinando a desafiar o medo, para descifrar logo os signos da pedra e entrar así na desmemoria. Rodeando todo aquel mundo de paisaxes de pan, eríxese altiva e fachendosa a carballeira, símbolo da beleza suprema. Reino perdurable da infancia é este un poemario orixe das orixes.

30 produtos máis na mesma categoría