Autores

Información

Demasiada luz View larger

Demasiada luz

Autor: Juan Andrés Fernández Castro
Ilustrador: Juan Andrés Fernández Castro
ISBN: 978-84-18136-72-6
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
Nº de páxinas: 226

Demasiada luz nace como un conxunto de relatos fascinantes, mergullado en paisaxes, intriga, misterios... sempre marcados por unha sólida cohesión da linguaxe, estética, capacidade suspensora e identidade.

More details

17,00 € impostos incl.

    Demasiada luz nace como un conxunto de relatos fascinantes, mergullado en paisaxes, intriga, misterios... sempre marcados por unha sólida cohesión da linguaxe, estética, capacidade suspensora e identidade. Unha identidade polo mito, polo ancestral, o memorístico, o histórico, o anímico e o cultural. A cultura como exercicio profundo da identidade. Hai nesta obra unha linguaxe literaria e estilística, unha escolla da frase e da palabra, na que destaca a elegancia e mais a aportación de xiros, localismos e variacións con clara vontade fermentativa. Trátase dunha desas obras que un está certo de volver atopar na gran biblioteca do camiño en máis doutra ocasión.

    Cabe destacar que cada un dos 18 relatos que compoñen Demasiada luz, se acompañan de fotografías a toda cor e de gran beleza realizadas polo propio Juan Andrés Fernández Castro, e nas que nos descobre a beleza agochada neses pequenos detalles e elementos que se atopan ao noso arredor e tenden a pasar desapercibidos.

30 produtos máis na mesma categoría