Autores

Información

Cando fun paxaro View larger

Cando fun paxaro

Autor: Manuel Núñez Fiúza
Ilustrador: José Antonio Fondevila
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm. 
ISBN: 978-84-18136-53-5
Nº de páxinas: 64

“Cando fun paxaro” érguese como un conto que incita á reflexión do lector cunha clara referencia á defensa da tradición oral dos contos e dos encantamentos, sempre contextualizados na paisanaxe galega.

More details

15,00 € impostos incl.

    "Cando fun paxaro” érguese como un pequeno conto que incita á reflexión do lector cunha clara referencia á defensa da tradición oral dos contos e dos encantamentos, sempre contextualizados na paisanaxe galega.

    Trátase dun conto xuvenil onde o protagonista é un paxaro que reflexiona mentres conta os seus pensamentos e os seus soños ata sufrir unha metamorfose e transformarse nun xoven. Un auténtico canto á liberación con pequenas trazas autobiográficas e unha clara defensa da tradición oral galega.

    Un relato presidido pola bandeira da natureza como un reflexo da vida do autor, sempre pegado ao campo, aos soutos, ao mar... Sempre sacudido e agasallado polos invernos e polas primaveras, polos outonos e polos veráns. Sempre explorando camiños novos e observando o comportamento humano, todas aquelas pequenas cousas que conforman a vida.

    Cada un dos capítulos deste relato acompáñase de magníficas ilustracións de José Antonio Fondevila, que dotan de maior intensidade o relato, como un escenario no que ambientar o conto e transmitindo coas súas cores ese mesmo sentimento de pertenza a terra que procura o autor da obra, marcado polo predominio dos verdes, marróns e azuis da paisaxe galega.

30 produtos máis na mesma categoría