Autores

Información

Alén Mundo View larger

Alén Mundo

Autor: Paco Rivas
Ilustrador: Alfonso Otero Regal
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm. 
ISBN: 978-84-18136-41-2
Nº de páxinas: 104

“Alén mundo” é a obra coa que Paco Rivas pretende trasladar ao lector/a a ese mundo lúgubre que se agocha na noite e na morte.

More details

15,00 € impostos incl.

    “Alén mundo” é a obra coa que Paco Rivas pretende trasladar ao lector/a a ese mundo lúgubre que se agocha na noite e na morte. Este libro componse de catro relatos independentes, pero todos relacionados por un nexo común, o misterio, a intriga e mesmo a morte: Vedoira, O Verdugo, Ridó e O renacer de Isolino son as historias que compoñen esta obra, un debuxo literario de noites fantasmagóricas e espazos medorentos nos que coa chegada do luar nos invade o desacougo, o medo ao descoñecido. Mais nada mellor que mergullarse nesas sombras, nese pavor ao mundo das ánimas, tan presentes na tradición oral galega que deben ser tan temidas como respectadas. Percorremos coa lectura eses carreiros bretemosos que nos permitirán chegar ao remate de cada historia sen sufoco, como aquel “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete” escrito por Castelao. “Alén mundo” lévanos a viaxar e entender á morte sen medo. Nacer para morrer.

30 produtos máis na mesma categoría