COPYRIGHT

Datos de empresa

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)

C.I.F. nº B-36380483

Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra
LIBRO: 2.598 - FOLIO: 215 - FOLLA: PO-27954

Reservados todos os dereitos. Visitar este sitio supón a aceptación da nosa política de confidencialidade e condicións de uso. As marcas e logotipos que aparecen neste sitio son propiedade de Técnicas & Gramaxe, SL (coa súa marca rexistrada Edicións Fervenza) ou de terceiras partes. Está prohibida a utilización destas Marcas sen previa autorización escrita de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza), ou das terceiras partes propietarias das marcas.

Copyright ©2001 Técnicas & Gramaxe, SL

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)pon a disposición dos seus usuarios neste sitio un conxunto de informacións,catálogos, arquivos e documentos así como varios servizos dos que o seu uso está suxeito ás condicións contidas neste documento. O feito de acceder a este sitio implica que aceptas todas e cada unha das condicións de uso. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)resérvase o dereito a modificar estas condicións se así o estima conveniente. O uso que fagas deste sitio sempre estará suxeito ás máis recentes condicións de utilización que estean incluídas no propio sitio no momento da súa utilización. O uso de calquera material ou servizo contido neste sitio realizarase de acordo coas normas e condicións específicas de cada material ou servizo, ademais das normas contidas nestas condicións de uso. O incumprimento de calquera das condicións de utilización implica o remate inmediato da túa autorización para utilizalo e a obriga de destruír calquera material que fose descargado ou impreso dende este sitio.

DEREITOS DE PROPIEDADE

Os materiais e servizos accesibles neste sitio están protexidos por copyright, dereitos de autor e propiedade, e/ou polas normas legais que garanten a propiedade intelectual, de xeito que calquera uso non autorizado destes materiais ou servizos pode supoñer unha violación destas leis. Agás polo aquí indicado expresamente, nin Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza) nin os seus provedores garanten de xeito explícito ou implícito ningún dereito sobre calquera patente, copyrights, dereitos de marcas ou información de negocios confidencial con respecto aos materiais ou servizos.

USO DA INFORMACIÓN DO SITIO

Agás que se indique outra cousa nun lugar distinto deste sitio, está permitido ver, descargar e imprimir os documentos e a información dispoñible sempre que se realice de acordo coas seguintes condicións:

-Non está permitido eliminar o copyright nin ningún outro aviso sobre a propiedade que estea contido nos documentos e información. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  resérvase o dereito a revocar en calquera momento a autorización para ver, descargar e imprimir os documentos e a información dispoñible neste sitio, e o uso destes obxectos deixará de ser accesible inmediatamente.

-Os dereitos especificados anteriormente de visualización, impresión e descarga dos documentos e información dispoñible neste sitio non son aplicables á súa maqueta nin deseño. Todos os elementos deste sitio están protexidos polas leis relativas ao dereito de propiedade e non poden ser copiados nin plaxiados nin en parte nin na súa totalidade.

GARANTÍAS E LIMITACIÓNS

Agás o que expresamente sinale un acordo escrito con Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza) ou que non sexa aplicable por lei, todos os materiais e servizos deste sitio son facilitados “tal cal”, sen garantía de ningún tipo, nin explícita nin implícita, incluíndo, pero non limitando, as garantías implícitas de comerciabilidade, adecuación a fins particulares ou non incumprimento.

De xeito ilimitado, Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  non se fai responsable nin facilita garantía ningunha sobre:

(i) que os servizos e produtos satisfagan as túas necesidades

(ii) que os servizos e materiais estean dispoñibles sen interrupción, sexan oportunos, seguros, ou estean libres de erros

(iii) que os resultados que poidas obter do seu uso sexan eficaces, exactos e precisos

(iv) que a calidade de todos os produtos e servizos obtidos neste sitio sexa a que agardas.

Este sitio pode conter erros técnicos ou doutro tipo, inexactitudes ou erros tipográficos. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  poderá realizar en calquera momento e sen previo aviso cambios nos materiais ou servizos deste sitio, incluíndo os prezos e a descrición dos produtos aquí contidos. Os materiais e servizos deste sitio poden non estar ao día sen que Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  asuma a obriga de mantelos actualizados.

En caso ningún nin Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  nin os seus provedores serán responsables diante túa ou de terceiras partes por calquera deterioro de calquera tipo, directo ou indirecto, especial, incidental, ou consecuente, incluíndo, pero non limitando, os danos resultantes da perda de datos ou beneficios, independente de que Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  avisara ou non destes riscos na utilización dos produtos ou servizos deste sitio, nin nas doutras compañías que aquí se mencionen.

A descarga de calquera material deste sitio realízase baixo a propia responsabilidade e risco do usuario, de xeito que aceptas ser o único responsable dos danos ou da perda de datos que poidan producirse no teu sistema informático como resultado da descarga ou adquisición destes materiais.

Este sitio contén enlaces con sitios en Internet doutras compañías que non se atopan baixo o control de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza) . Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza) non son responsables dos outros sitios aos que poidas acceder dende o sitio www.edicionsfervenza.com. Por iso, se decides visitar estes sitios faino baixo o teu risco e responsabilidade, sen que Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  asuma responsabilidade algunha pola seguridade ou exactitude de ningunha información, datos, opinións, consellos ou manifestacións destes sitios, nin da calidade dos produtos ou servizos que alí se ofrezan. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  inclúe os enlaces con estes sitios como un servizo práctico, pero isto non implica de xeito ningún que Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  garanta ou acepte responsabilidade algunha en relación co seu contido.

INFORMACIÓNS CONFIDENCIAIS

Se desexas ter información sobre a protección da túa información persoal, por favor visita a páxina de Política de confidencialidade.

LEIS E DISPOSICIÓNS APLICABLES

Este sitio de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  (con exclusión dos seus enlaces) está controlado por Técnicas & Gramaxeque ten a súa sede na rúa Santa Eulalia, nº 18, 36540 Silleda – Pontevedra (España), de xeito que, polo feito de acceder ao mesmo, ti e Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  acordades que todos os asuntos relacionados co acceso e uso deste sitio sexan regulados pola lexislación de España con exclusión de calquera outra normativa nacional ou internacional. Todos os litixios relativos ás condicións de uso serán xulgadas polos tribunais competentes. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  resérvase o dereito de exercer as accións legais que estime oportunas. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  non é responsable de se os contidos do seu sitio www.edicionsfervenza.com son apropiados ou están dispoñibles para o seu uso noutros lugares, nin que se poida acceder a eles en lugares onde eses contidos sexan ilegais ou estean prohibidos. Aqueles que accedan a este sitio dende eses lugares fano por propia iniciativa e só a eles incumbe respecto polas leis locais.

DEREITOS DE MARCA

As marcas e logotipos que aparecen neste sitio son propiedade de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  ou de terceiras partes. Está prohibida a utilización destas marcas sen previa autorización escrita de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  ou das terceiras partes propietarias das marcas.

Copyright ©2001 Técnicas & Gramaxe, SL

POLÍTICA DE CONFIDENCIALIDADE

No noso afán por respectar a privacidade de todos os usuarios, elaboramos esta política de confidencialidade para o uso daqueles datos obtidos a través das nosas páxinas en Internet. Esta política atópase reflectida nas seguintes normas, que poden ser actualizadas periodicamente, polo que os usuarios deberán ler as mesmas cada vez que accedan ao mesmo.

Poderás decidir libre e voluntariamente se desexas subministrar información a Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  con ocasión da subscrición ou alta nalgún dos servizos e/ou promocións ofrecidos por medio do seu sitio ou dos de Técnicas & Gramaxe, SL en Internet.

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  comunica a usuarios e visitantes as seguintes consideracións:

TIPO DE INFORMACIÓN SOLICITADA

Cando te rexistras para recibir os nosos servizos, proporcionarás voluntariamente a información persoal que se che solicite en cada caso. Tamén che será solicitada dita información noutras oportunidades, como por exemplo, cando participes en promocións auspiciadas por Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  ou no seu caso por Técnicas & Gramaxe, SL.

FINALIDADE DA RECOMPILACIÓN DE DATOS

O propósito de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  cando reúne información persoal dos seus usuarios, é ofrecer un servizo o máis personalizado posible. Grazas a esta información Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  estará en condicións de ofrecerche un mellor servizo, con contidos acordes coas súas necesidades e intereses.

CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  non revelará os datos persoais que poidan servir para identificarte en forma individual, incluída a información que vencella o nome de usuario no sitio www.edicionsfervenza.com co seu verdadeiro nome, agás que teña expresa autorización, ou cando lle fose requirido por orde xudicial ou legal, ou para protexer os dereitos de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza) .

Os acordos específicos de aceptación de condicións por parte dos usuarios, e as regras dos concursos e as promocións, tamén poden incluír detalles sobre o uso compartido da información.

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  pode divulgar estatísticas globais dos usuarios para describir os nosos servizos aos socios potenciais, anunciantes e outros terceiros, ou para outras fins lexítimas.

Os empresarios, patrocinadores e outros socios aos que se acceda a través do sitio www.edicionsfervenza.com, poden ter prácticas independentes de privacidade e recompilación de datos. Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  non se fai responsable das súas políticas ou do emprego que fagan dos datos. Se desexas máis información sobre esas políticas, recomendamos visitar a súa páxina principal e seleccionar o enlace que leva á páxina con información sobre este aspecto.

PROTECCIÓN CONTRA TERCEIROS

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  adoptou medidas de seguridade de protección de datos e instalou todos os instrumentos técnicos ao seu alcance para evitar a perda, uso indebido, alteración, acceso non autorizado ou roubo dos datos persoais que lle fosen facilitados. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. O usuario acepta que Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  non será responsable polos danos, de calquera natureza, que poidan derivarse para o mesmo ou para terceiros, derivados directa ou indirectamente do uso do sitio.

Así mesmo, os sitios e servizos de Internet aos que accedes a través de www.edicionsfervenza.com, poden recabar información sobre a túa persoa pedíndolla directamente e ter procedementos de reunión de información e privacidade propios, independentes dos de Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza) . Técnicas & Gramaxe, SL non ten responsabilidade por esas accións ou políticas independentes.

REXISTRO DE ENDEREZOS IP

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  rexistra enderezos IP. Os enderezos IP son importantes para facer un seguimento da sesión dun usuario. Isto dálle a Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  unha idea de qué partes do noso sitio web están sendo visitadas polos usuarios. Non establecemos enlaces entre os enderezos IP e ningún dato que permita facer unha identificación persoal dos usuarios. Isto significa que aínda que se faga un seguimento da súa sesión, esta permanecerá totalmente no anonimato.

ENVÍO DE CORREOS PROMOCIONAIS

Técnicas & Gramaxe, SL (Edicións Fervenza)  poderá enviarche, se nalgún momento proporcionaches o teu enderezo de correo electrónico, información relacionada coas súas páxinas en Internet e outros produtos e servizos que considere poden chegar a ser do teu interese. Sempre terás a opción de darte de baixa da lista de xeito que non recibirás máis esta clase de mensaxes.

LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, tes en todo momento a posibilidade de acceder aos datos que proporcionaras, modificalos, eliminalos ou opoñerse a eles, para o cal podes dirixirte por correo electrónico a edicionsfervenza@gmail.com, ou se o prefires, tamén por escrito (non esquezas incluír o teu nome, enderezo postal e/ou enderezo de correo electrónico) a:

Edicións Fervenza (Técnicas & Gramaxe, SL)
R/ Santa Olaia, nº 18
36540 Silleda
Pontevedra (España)

ACEPTACIÓN DOS TERMOS

Se o usuario utiliza os servizos proporcionados a través do sitio de Técnicas & Gramaxe, SL www.edicionsfervenza.com, significa que leu, entendeu e acepta en forma expresa os termos antes expostos. Entenderase así mesmo que cada vez que o usuario acceda ao sitio, acepta de forma expresa as normas de privacidade vixentes. Se non está de acordo con elas, o usuario non deberá proporcionar ningunha información persoal, nin utilizar o servizo porque non está autorizado para facelo.

Copyright ©2001 Técnicas & Gramaxe, SL