Termos e condicións do envío

Envíos gratuítos para pedidos superiores a 30 €. Para compras inferiores aplicarase un suplemento de 4 euros por pedido para os envíos nacionais, reservándonos o dereito a incrementar esa cantidade segundo suplementos adicionais aplicados pola empresa de mensaxería e relativos á urxencia de entrega ou a distribucións internacionais.

Os gastos de envío inclúen a xestión, manipulación e embalaxe do paquete. Recomendámosche agrupar os artículos solicitados nun só pedido, posto que non podemos agrupar dúas ordes distintas efectuadas por separado. En caso contrario aplicaríanse os gastos de envío de xeito individual a cada compra. 

O teu paquete será enviado baixo o teu propio risco, aínda que se toma especial coidado na protección do mesmo e os artículos envíanse debidamente protexidos.